Área de Igualdade

A igualdade é un valor esencial dunha sociedade democrática. As mulleres representamos máis da metade da poboación, e unha sociedade que se di democrática non pode nin debe prescindir desta maioría para o seu desenvolvemento social, económico, político e democrático. É imprescindible que desde o ámbito local sigamos poñendo en marcha plans de actuación específi cos para traballar de forma transversal e con perspectiva de xénero. 

O Concello a través das diferentes concellerías convértese nunha entidade privilexiada para desenvolver programas dirixidos a pór fi n ás situacións discriminatorias, pola súa proximidade ás necesidades e demandas da poboación.

Para iso é necesario establecer unha serie de medidas que permitan o acceso, ao conxunto das mulleres, ás canles socialmente establecidas para a súa incorporación e participación en equidade na vida pública, contribuíndo a facer unha sociedade máis xusta baseada na igualdade e no respecto.

Por todo isto, presentamos o III Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Lugo (2012-2014), co propósito de que sexa unha ferramenta de traballo das políticas de igualdade e de prevención da violencia de xénero no noso concello.

+ info