A Concelleira de Cultura destaca o importante número de actividades que se levan a cabo no MIHL e o aumento dos turistas na cidade

Jueves, 31 de julio de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, destacou o importante número de actividades que se levan a cabo no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e tamén deu a coñecer os últimos datos de turismo.

“Unhas 60 actividades realizáronse no MIHL entre o 30 de novembro do ano 2012, data na que se abriu ao público, ata o mes de xullo deste ano 2014”, segundo indicou a Concelleira de Cultura, cumprindo deste xeito o compromiso do Goberno Local para que este museo teña contido e actividades.

Carmen Basadre dixo que “varios artistas de distintas disciplinas utilizaron distintos espazos do MIHL e quedaron moi satisfeitos con que se puxera a súa disposición un edificio tan singular como este”.

En canto ao número de turistas que visitaron a cidade, dende o 17 de xuño ao 10 de xullo de 2014 a Oficina Municipal de Turismo contabilizou un total de 2.494 visitantes, fronte aos 2.428 visitantes do mesmo período co ano anterior, polo que se rexistrou un aumento de 66 turistas máis este ano.

Houbo un aumento en 82 persoas nos visitantes procedentes do resto de Galicia. Tamén aumentaron os visitantes da provincia en 78 persoas e dos visitantes estranxeiros en 42 persoas.

Actividades realizadas no MIHL durante 2014

Durante o presente ano 2014 no MIHL xa se levaron a cabo as seguintes actividades:

  •  “A volta ao mundo en mil músicas”. Concerto didáctico. 2 de xaneiro.
  • Exposición Olería tradicional de España. 17 de xaneiro ao 5 de marzo.
  • Exposición artística multidisciplinar (fotografía, escultura e pintura, cómic e ilustración, humor gráfico e multimedia. 6 de  febreiro ao 31 de marzo.
  • Proxección de “Agora” Ciclo Xénero. 15 de marzo.
  • Proxección de “Princesas” .Ciclo Xénero. 23 de marzo.
  • Proxección de “O sorriso de Monalisa”. Ciclo Xénero. 29 de marzo.
  •  Exposición de Carlos Bóveda. “Entre coros e soños”. Actividades paralelas: visitas guiadas os venres e obradoiros de pintura para nenos un día a semana. Do 17 de marzo ao 20 de xuño.
  • Exposición “51 páxinas das nosas letras” (Parlamento de Galicia). 11 ao 30 de abril.
  • Lugo Cultural: XII Encontro Universitario de Danza Contemporánea. 6, 11  e 12  de abril.
  •   II Ciclo de Música Contemporánea. Concertos: 11, 28, 29 de abril e 9, 13 de maio.
  •   I Encontro de Cidades Augusteas: IV Mostra de moda romana e castrexa. 2, 3 e 4 de maio.
  • Gala “Lucus Moda”. 7 e 8  de maio.
  • Exposición “Feminas: as mulleres  romanas”. 6 de maio ao 29 de xuño.
  •  Catas Literarias. 3 de abril: Lorenzo Silva. 8 de maio: Pedro Feijoo. 12 de xuño: Jerónimo Tristante. 10 de xullo: Rosa Ribas.
  • Bocatas Literarios. 10 de xullo: Ana Cristina Herreros.
  • Campaña de animación á lectura. 24 de abril: Teatro do Miolo (idades do a 4 anos): “Catro Tempos”. 8 de maio: Os contos de Pablisimo: “Ras! Contos de batracios”. 15 de maio: Elefante Elegante: “Lobo lobo”. 29 de maio: Polo correo do vento: “O misterio do pirata Benito Soto”.
  • Concertos didácticos. Banda Municipal: 10 e 17 de xuño. Escola de Música: 26 de xuño.
  • Presentacións de libros: Os escritores Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro.
  • Exposición fotográfica “A música rock”. Mes de xuño.
  • Proxeccións de videoclips de bandas e músicos lucenses. 11 de xullo.
  • Gala de graduación da Fundación TIC. 19 de xuño.
  • Exposición “Tecido no tempo”. Un paseo dende a Prehistoria ata o século XV. Do 15 de xullo ao 15 de outubro.