Coca Cola repartirá 3.000 botellas conmemorativas do Décimo Aniversario durante o San Froilán

Viernes, 08 de octubre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Coca Cola quere continuar celebrando o Décimo Aniversario da Muralla Romana como Patrimonio Mundial. Así, e debido ao grande éxito acadado na primeira tirada das botellas conmemorativas, das que se fixeron 3.000 unidades, Coca Cola repartirá 3.000 botellas máis para regalar durante o San Froilán.

O popular refresco envasouse para a ocasión cunha etiqueta que cubre toda a botella coa fotografía da Mosqueira e co lema “Botella conmemorativa do Décimo aniversario Muralla de Lugo Patrimonio Mundial”, así como co logotipo de Lugo10.

Begano vainas regalar a hostaleiros e centros comerciais de toda Galicia e Lugo10 entregarallas ós visitantes dos Museos e do Centro de Interpretación da Muralla, que permanecerán abertos todos os días, incluídos os festivos, agás os luns.

Coca Cola tamén estará presente o vindeiro domingo día 10 de outubro durante a gravación do primeiro lipdub da cidade que convoca Lugo10. A iniciativa, que pretende reunir a centos de persoas para a gravación dun videoclip, desenrolarase na Praza de Ferrol a partir das 17.00 horas. Nesta cita tamén estarán presentes parte dos patrocinadores e colaboradores de Lugo10 como o Concello de Lugo, Telefónica, Fundación Azkar ou Coca Cola.

Coca Cola e Lugo10

A empresa Coca Cola, a través de Begano S.A. xa elaborou, como homenaxe aos dez anos da declaración da Muralla Romana como Patrimonio Mundial, unha reprodución da zona da Mosquera da Muralla feita con latas de bebida e cunhas dimensións aproximadas de 2 x 1,75 x 1,30 metros e un peso de 30 kilos. Para a súa realización foron utilizadas unhas 1000 latas e o tempo estimado foi dunhas 30 horas.

www.lugo10.es

sanfroilan.info

 

Multimedia