Remata o domingo na Milagrosa o circuíto Corre con Nós

Miércoles, 14 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O parque da Milagrosa acollerá o domingo a última das sete carreiras oficiais do circuíto Corre con Nós desta edición 2006/2007, que organiza a Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, patrocinada polo Centro Comercial As Termas e a marca deportiva New Balance.

A proba disputarase a partir das doce da mañá. A primeira carreira, para os máis pequenos, será dunha distancia de 775 metros. A segunda, para a categoría B, será nun circuíto de 1.577 metros e a terceira, para a categoría C, será de 2.460. A de adultos o absoluta contempla 5.835 metros.

Como se ten por costume e para evitar aglomeracións o día da carreira as novas inscripcións para esta proba rematan ás dúas da tarde do venres, na Concellería de Deportes, non permitindo a nova inscrición o mesmo día da carreira.

Deste xeito, os inscritos que xa participaran nas outras carreiras poderán usar o dorsal e o chip que xa posúen e os que non o teñan poderán recollelo até unha hora antes do comezo da carreira.

Estas carreiras son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español.

FIN DE FESTA

A organización celebrará unha festa para conmemorar o final desta edición. Para isto, haberá unha pulpada no mesmo parque na que se poderá participar recollendo o ticket antes do xoves nas oficinas da Concellería de Deportes.

O prezo do xantar é de dez euros e a festa estará ambientada pola música do grupo Estoupacaldeiros.

Até o momento, 1.444 atletas participaron neste circuíto no que vai de ano. Foron 771 nas categorías de adultos e 673 nas de adultos. Para os rapaces, a participación na proba Lugo Monumental, no mes de decembro, foi válida para este circuíto.

Durante a festa entregaranse os premios aos primeiros clasificados nas categorías de adultos e de rapaces, así como unha camiseta patrocinadora do evento a cada un dos participantes. Tamén se sorteará material deportivo New Balance.

Participando en cinco carreiras do circuíto, tanto pequenos como adultos, obterán como premio un vale de 60 euros para trocar por material deportivo en Deportes Élide. Por suposto, os gañadores de cada unha das categorías en cada carreira recibirán o seu premio.

Os interesados en inscribirse ou informarse sobre os percorridos e os horarios poden facelo a través da web www.deportes.lugo.es/correconnos ou na municipal.