Actualidade

Ex., 10-09-2019
Ex., 10-09-2019
Martes, 10 de setembro de 2019
Maite Ferreiro presentou no día de hoxe as actividades teatrais do Ciclo Galego de Teatro Amador

Consta de 4 representacións teatrais que se realizarán no auditorio Gustavo Freire durante o mes de setembro

As entradas terán un custo de 2€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación

Martes, 10 de setembro de 2019
Nos vindeiros días comezarán os traballos de reparación do muro do CEIP Luís Pimentel

As obras consistirán na substitución do muro que da á Rúa Santo Graal

A actuación ten unha duración estimada dunha semana

Martes, 10 de setembro de 2019
Quiroga comprométese con Lara Méndez a darlle prioridade a recuperación dos caneiros pola súa importancia patrimonial e ambiental

A alcaldesa e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil mantiveron hoxe unha reunión de traballo onde a rexedora agradeceu a “boa disposición e o diálogo permanente”

A vindeira semana comezará a construción dunha escollera para protexer a ribeira do río a altura do Barrio da Ponte, como paso a recuperación do caneiro do O Muiño

A praia fluvial está xa na fase final, pendente do último permiso

Luns, 09 de setembro de 2019
Lara Méndez da a benvida ó alumnado do campus Terra de Lugo, que vivirán e axudarán no cambio ó novo modelo de cidade sostible

Lara Méndez desexou ó novo alumnado un moi bo curso académico e recordou que o Concello de Lugo esta á enteira disposición para todo o que precisedes.

Montserrat Valcárcel falou das múltiples colaboracións que existen entre a universidade e o Concello de Lugo destacando o proxecto Life Lugo+ Biodinámico.

Luns, 09 de setembro de 2019
Arroxo e Balseiro desbloquean a instalación eléctrica do auditorio e abren vías para retomar o plan Paradai

Xunta e Concello comprométense a traballar coordinadamente nas obras pendentes do Plan Paradai

O Concello iniciará os trámites para solicitar a cesión da Rúa San Eufrasio e así construír a rotonda

Luns, 09 de setembro de 2019
Preséntanse as actividades teatrais no cemiterio “E logo ti... Quen vés sendo?”

4 novas visitas teatralizadas ao Cemiterio que interpretará Achádego Teatro

As visitas estarán limitadas a 50 persoas, que deberán retirar unha invitación

Sábado, 07 de setembro de 2019
Inaugurada a FEIRA DO 48 que organiza a Asociación Cultural Cantigas e Frores

A Feira do 48 celebrase nesta fin de semana na Praza Maior de Lugo e o pregón correu a cargo do historiador, e expresidente de Cantigas e Frores, Adolfo de Abel Vilela

Os ediles de Educación, Felipe Rivas, e de Partipación, Cristina López, representaron ao Concello na apertura da Feira

Sábado, 07 de setembro de 2019
Confírmanse 3 novos concertos para o San Froilán

Rap, rock e jazz son os estilos dos anuncios de hoxe

Páxinas